miércoles, 20 de marzo de 2013

Adeus

adeus peixes, adeus leite
adeus todo canto temos
adeus cartos aforrados
non sei cando nos veremos



Miña terra, miña terra
terra onde meu criei
caciques que quero tanto
os chourizos que eu votei



catro parvos traballando
empregos que leva o vento
paxarracos timadores
casiña do meu banqueiro



paparemos as castañas
e veremolo Luar
mentras poñan a gayoso
non hai tempo a protestar



O Pokemon e a Carioca
operación Campeón
e tamén temos a Orquesta
adeus, para sempre adios



Adeus Cason e o Egeo
chapapote onde nacín
non nos chegaba co urquiola
e trouxeron o prestige



deixo os montes ben queimados
deixo merdiña no mar
deixo todo feito un asco
quen poidera non deixar




  Ria de Pontevedra. Ence - celulosas.


1 comentario: