O hórreo tipo palleira ou piorno é un tipo de hórreo galego que se estende por unha extensa área delimitada por unha liña que, pasando por Taboada, Chantada e Os Peares, une o fondo dos vales dos ríos Ulla e Limia, englobando toda a provincia de Pontevedra e parte das de Ourense e Lugo.
É de pequeno tamaño. Ten unha cámara máis ben ancha e non moi alta que descansa sobre esteos de pedra de altura media con rateiras individuais, e só en excepcións vese sobre cepas de cachotería ou ten rateiras dobres. O teito é de tella a dúas augas, pero en zonas montañosas pode ser de xisto e mesmo de palla. Ten bastante beiril, especialmente sobre os costais. Non leva terminais, salvo excepcións. Polo xeral ten unha soa porta, que pode ir nun penal o no centro dun costal, e non hai escaleira de fábrica que dea acceso a ela.
Os esteos están feitos de granito. A grade está formada por catro trabes de madeira ensambladas nos extremos e pouco sobresaíntes. O chan da cámara está formado por táboas sobre pontóns que están suxeito ás trabes lonxitudinais da grade. O teito, normalmente de tella, descansa sobre unha armazón de madeira que vai suxeita á grade superior, que gravita sobre os puntais e que, á súa vez, descansan sobre a grade inferior, cada un sobre un esteo.
Fuente: Galipedia

No hay comentarios:
Publicar un comentario